Buscar neste blog

31 de xan. de 2010

Fachadas recubertas de cunchas de vieiras

Casa recuberta de cunchas de vieira, na Torre


A maraña de cables afea a fachada


O recubrimento de cunchas é unha técnica de arquitectura popular mariñeira que utiliza as valvas planas da vieira para protexer as paredes exteriores da humidade, normalmente, as fachadas que miran cara o Sur. Na Arousa quedan poucas casas que presenten esta peculiar técnica. Unha delas é esta que lles mostramos nas imaxes, situada no barrio da Torre. As vieiras están dipostas unhas sobre as outras, a modo de lousas, nos dous tercios superiores da fachada. Outra casa, máis coñecida, é a de Palmeira; neste caso está rexistrada como parte do patrimonio artístico da Illa, pero non polas cunchas de vieira, senón polas fermosas fiestras de inspiración modernista que posúe. Aínda hai unha terceira casa que presenta unha das fachadas recubertas de vieiras. Tamén está en Palmeira, e deixou de ser visible trala construción do auditorio.

12 comentarios:

  1. Mira pa ahí:comianse tantas e tantas que mesmo aparellávala casa cas cunchas.Agora como nas collan os de cambados...nos ninguen.Bueno,o noso fogeiras ben podia aparellar ata os pisos das laxes!Fora o bloqueo da toxina DSP!! A marca que a comercializa(só unha deouradora compra e vende este molusco) de quen carllo será!?Dun fillo de ou amijo de ..... Ala,que vos dean a todos!!

    ResponderEliminar
  2. Estou dacordo no da tóxina, e no de que sea unha arte exclusiva para os de Cambados. Pero a depuradora que as comercializa e Veiro que esta en Cambados e foi a única que presentou a solicitude para evisceración. De feito saleu a nova hai un mes que outra empresa, que é Ameixa de Carril, creo recordar solicitou a Xunta o eviscerado e concederonlle o permiso. Eso si non sei si estan traballando xa ou non.

    ResponderEliminar
  3. Que raro Que nadie presente solicitude,porque mercado hai bastant:moitos comemos vieira inda que non veña da depuradora,e a parte,non en todolos restaurantes ven dali.Eu creo que esas duas marcas non lle dan vento o mercado,e metennos de fora coma merda.E asi con moitas cousas.Veña,majo.

    ResponderEliminar
  4. Eu solo che informin do que eu coñezo, a min nin me vai nin me ven. O que esta claro e que solo se pode vender legalmente eviscerada, se e galega claro, e senon podelle pasar como a Toñi Vicente esa de Santiago que a colleron con vieras de furtivos no restaurante e tuvo que pechala porta. Si ti comes vieiras de furtivos e que quitas o hematopancreas ese pois moi ben, eu tamenas teño comido pero na miña casa e baixo a miña responsabilidade, tamen como mexillons con tóxina e nos vendo. Outra cousas e que o faga un restaurante. Ala majo.

    ResponderEliminar
  5. Claro, a "toñi" collerona,eu non compro vieira (nin furtiva nin outra) que vai cara.E ti tamen comestes vieira furtiva,si as levastes pa casa,me pillas.Eu non aprovo todo o que fan os restaurantes,pero prefiero a tortilla con ovo non con huevina...Vivan os furanchos!!!!!!!!!!
    .

    ResponderEliminar
  6. SEjuro que vendeds mexillon con toxina coma area!!

    ResponderEliminar
  7. Eu non vendo mexillon con toxina, ainda que eu non podo falar por todo o mundo so por min, pero estas nunha actitude que nin que eu che tuvera culpa de algo. Eu solo che dixen como era o proceso de evisceracion que fan os de Cambados que e legal. O resto dame igual

    ResponderEliminar
  8. Aclarado eso,sintome obrigado a dicirche que:tranki,eu non che quero mal nincún.

    ResponderEliminar
  9. Aclarado queda. Un saudo

    ResponderEliminar
  10. un saudo,un saudo...falso!

    ResponderEliminar
  11. Non vales a pena. Sin maís

    ResponderEliminar
  12. un toca campanas22/03/11, 17:41

    a primeira folga na arousa produxose nos anos 20 cando os soldadores da fabrica de goday,(que eran os que soldaban con estaño as latas)negaronse a que no comedor da fabrica lle deran tantas veces na semana de comer vieiras.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.